Desgraciadamente xa rematou o noso campamento de verán.
Agora temos un parón estival ata outubro no que nos abandoan para pasar ao Kraal, Lucía e Paloma.
Foi un campamento algo distinto ao habitual dado que a Ruta non puidemos ir ata que remataron os roteiros do resto de ramas, que comezaron xa o primeiro día de campamento.
Unha vez máis, Guille e Miguel non puideron vir, sen embargo Guille axudounos, xunto con Paloma, a levar o material o día antes do inicio do campamento nunha furgoneta alugada.
A zona de acampada era preciosa, cremos que unha das máis bonitas nas que estivemos. As instalacións eran perfectas, e a última noite, por estar nun área recreativa, as festas do pobo trouxéronnos a Pili Pampín de concerto!!!!!!! qué máis se pode pedir!!!!!!!!
Tivemos que encargarnos da comida do campamento pero puidemos facer varias actividades, durmir nun vivac nunha noite temática árabe, así como preparar unha ximcana para todo o grupo que foi un éxito.

Voltamos a Ferrol con mágoa de despedir a Lucía e Paloma, pero con gañas de saber quén virá de Irmandade para o curso que ven...
Feliz verán a todos e a todas.