Comezamos a xornada cun acto institucional, ao remate do mesmo entregamos aos/ás asistentes uns agasallos conmemorativos desta celebración. Despois as diferentes ramas fixeron as súas promesas, entregando tamén a insignia de San Xurxo.
Máis tarde chegou o momento de xantar todos xuntos, xamón, empanada e cachelos, acompañados de pan, viño tinto e refrescos. De postre,tarta de queixo e un café de "pota".
Á tarde tivemos á actuación dun contacontos coa temática da coeducación como fondo, para seguir co concerto de Paloma Suances.
A Ruta colaboramos dende a primeira hora da maña en preparar a comida e axudar no posible no levantamento das infraestructuras necesarias para a celebración. A verdade é que nolo pasamos en grande e foi interesante coñecer aos antigos socios e socias da asociación e indagar un pouco na nosa orixe.Os deixamos aqui unha foto deste día:
Un bico e ata a próxima
No hay comentarios:
Publicar un comentario