O campamento o fixemos no albergue de Esmelle, e fomos toda a unidade de Ruta excepto Paloma, xa que estaba enferma.
Neste campamento a Ruta encargouse dos temas de cociña coma de costume, sen embargo houbo novidades importantes para a unidade, que iremos desenrolando ao longo de todo este curso, como será a colaboración do Kraal na cociña sempre que sexa posible, o cal nos liberará bastante a nós, para poder adicarnos a facer outro tipo de actividades. Outra novidade será a proposta de facer a descuberta, unha activadade importante e bonita da ruta e que se tiña esquencida dende hai tempo, esto o faremos Miguel, Guillermo e Eloy. Paloma e Lucía, en cambio faran a ceremonia de investidura co seu proxecto de acción individual, por estar na súa última etapa na Ruta.
Outra actividade que fixemos foi un roteiro polos arredores do albergue, no que fomos todo o grupo.
Cabe destacar tamén a velada do primeiro dia, na que nos reunimos en circulo na praia ao redor dun pequeno lume e estivemos falando das nosas expectativas para este novo curso.
O único aspecto negativo do campamento, foi a semana que nos pasamos logo cada un de nós na cama debido a gripe que collimos, aínda así, foi un bo campamento. Lucía!!!!! querémoste igual eh???????
Un biquiño grande, e... ata outra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario