domingo, 27 de diciembre de 2009

Roteiro de Nadal 2009

Aquí estamos de novo...

Hoxe fixemos un roteiro polo Cabo Prior, dentro dos roteiros que temos planificados para este curso co nome "O meu lugar favorito". Trátase de que cada un de nos, leve ao resto da unidade ao seu lugar favorito da comarca.

Hoxe tocoulle o turno a Angel que nos levou a uns restos dunha batería no cabo que miran para Coruña e Malpica... IMPRESIONANTE... Aquí tendes unha bonita foto desde dentro da batería...



Tamén nos achegamos aos famosos túneles do Cabo Prior que ningún de nos coñecía...

Despois de xantar rematamos quentándonos un pouco nun bar, xa que pasamos moito, moito frío. Ali estivemos charlando un ratiño sobre as descubertas deste ano e os nosos proxectos de acción individual...

Ata a próxima!!!!!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Veña compañeiros e compañeiras. Moito ánimo e que lle sacades o máximo proveito a todas as experiencias scouts novas que de seguro vos van a acontecer neste vindeiro 2010.
Un bico e aperta forte para tod@s. Toni.