Hoxe pasámos o día coñecendo o sitio favorito de ferrolterra de Lucía, seguindo co que temos planificado para este curso co nome "O meu lugar favorito". Coñecimos as zonas onde soía pasar os veráns cando era pequena e achegámonos ao mirador da Lagoa de Doniños onde puidemos disfrutar dunha bonita paisaxe ( Ángel empeñouse en voltar todos xuntos noutra ocasión e quedarnos a durmir, así que posiblemente non sexa a última vez que nos deixemos ver por esos lares). Seguimos o nóso roteiro ata unha zona da praia de Doniños na que Lucía se sinte especialmente a gusto. Para rematar, xantamos pretiño da praia de San Xurxo e completamos a tarde cunha excursión en coche, achegámonos ao Porto exterior que ningún de nós coñecía e antes de voltar para casa, tomamos un cafeliño en Punta Penencia, como reis vamos...

Parecemos paxariños asomando a cabeza polo niño !! (mamá sacaba a foto) jajajaja
De seguro que Lucía está moi agradecida de que compartírades o día con ela.
Dígovolo eu ( jejej)
Por fin atopamos o momento para estar todos xuntos, aínda que nos faltou Eloy!
Un gran día !
Un biquiño moi grande rutas !!
Até a próxima
1 comentario:
Q pena que non puidera ir, pero alegrome moito de q o pasarades ben por doniños. Para a proxima en Santiago espero q nos vemos todos, q xa vai dende Nadal q non vos vexo! :)
Bicos! Eloy
Publicar un comentario