sábado, 13 de marzo de 2010

Santiago Marzo 2010

Hola de novo !!!



Esta fin de semana, pasámola todos xuntos, agás Guille, en Santiago, no piso de Paloma e Lucía. Aproveitamos para preparar algunhas cousiñas que tiñamos pendentes para o campamento de S.Santa, que xa está á volta da esquina!
Tamén comezamos a traballar coa metodoloxía específica que se trata en cada unha das ramas do noso grupo, co obxetivo de coñecela máis a fondo, xa que algúns de nós estamos na etapa final da estancia na Ruta. Andabamos todos un pouco perdidos e a verdade é que foi unha actividade moi interesante e da que puidemos aprender moitas cousas, aínda que non a rematamos, deixamos a segunda parte para tratala no campamento de S.Santa.


Non todo foi traballar,tamén houbo tempo para os paseos e algunha que outra terraciña!


Non podemos esquecer o maravilloooso xogo co que nos sorprendeu Ángel para a velada do Sábado e que acabou coa paciencia de máis de un !! Pero pasámolo moi moi ben !! Queda fichado para os seguintes campamentos!



Un biquiño e ata a próxima !!

No hay comentarios: